O Entroido lucense trae moita troula para estes días

CANDELA F. ROLDÁN LUGO/ LA VOZ

LUGO

O concruso de disfraces de Lugo o pasado ano 2022.
O concruso de disfraces de Lugo o pasado ano 2022. Carlos Castro

A provincia lucense prepara un Carnaval cargado de concursos, festas, comida e moitas celebracións tradicionais

18 feb 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

Lugo capital

A cidade amurallada contará este sábado co seu tradicional desfile infantil na Praza Maior a partir das 17.00 horas da tarde. Durante a deliberación do xurado, o público poderá gozar da animación de Clownamorado, de Rudi Dudi, e a partir das 20.00 horas a Tambukada estará no recinto histórico, finalizando as actividades a partir das 22.00 coa actuación de Brassica Rape polo recinto histórico.

Este domingo, a Praza Maior acollerá a partir das 12.30 horas a Peter Punk co seu espectáculo «Chungo que che cagas» para todos os públicos. Para seguir con máis festa, Culturactiva representará a gala de circo Introitus na Praza Maior o luns 20, e as actividades seguirán ás 20.00 horas coa actuación de Bloco Meigallo.

O martes 21 de febreiro, día festivo na cidade amurallada, terá lugar o concurso de disfraces na categoría de adultos a partir das 18.00 horas da tarde. Durante a deliberación do xurado, o público contará ademais coa animación de Carta de Axuste. E para finalizar o Entroido, o mércores 22 celebrarase o Enterro da Sardiña.

A Pobra do Brollón

Esta fin de semana, o Concello da Pobra do Brollón prepara o tradicional desfile de disfraces, comparsas e carrozas, que terá lugar este sábado ás 17.00 horas con saída no cruce da estrada de Saa e remate na Casa da Cultura, onde se levará a cabo a entrega de premios. Ademais, a Charanga RQR poñerá ritmo ó percorrido, que asegura troula e festa para rato.

Como cada ano, o Entroido de Salcedo volta hoxe para dar comezo ó Entroido lucense. Os veciños comezarán este sábado a celebración da tradicional festa pagá a partir das 22.00 horas cunha función de teatro. Este domingo, a partir das 17.00 horas, terá lugar a lectura do pregón, seguido do certame «Disfraces de Campo». Ás 20.00 horas comezará o baile, amenizado polo grupo Lume, e ás 22.00 horas, os presentes poderán gozar con outra obra de teatro. A verbena da noite estará a cargo dos grupos Lume e Quartet.

O luns 20, ás 17.00 horas, sairá o Oso e comezará o pasarrúas a cargo da charanga Terras do Bibei. Ás 21.00 horas terá lugar a cea popular e orquéstralas Trevo, Os Mecánicos e o Dj Luismi poñerán a nota musical ao baile. Por último, o martes 21, ás 21.00 horas, comezará a cea popular, seguida do baile a cargo do grupo 4 en Liña. Todo las rúas da vila.

Foz

Este sábado, ás 10.00 horas, terá lugar O Chupinazo, un acto no que actuarán as charangas polas rúas da vila. Pola tarde, a partir das 17.00 horas, celebrarase o XLI Desfile do Entroido. Ao finalizar, todos os participantes poderán gozar dunha chocolatada, e a partir das 23.00 horas haberá un gran baile cos grupos Bomba e Os Coleguitas.

Este domingo, ás 17.00 horas, haberá baile, obradoiros e inchables para os nenos da vila. Ás 20.30 horas, Touporroutou, evento organizado pola Asociación Cultural A Pomba do Arco.

O luns 20, a partir das 23.00 horas, os presentes poderán gozar co tradicional Baile do Faroliño na Sala Bahía coa orquestra Olympus e Dj Litainer, e o martes 21, ás 17.00 horas, haberá un gran baile infantil con inchables, globoflexia e pintacaras amenizado por unha disco móbil.

Para pechar a festividade, o venres 24, terá lugar a tradicional Queima do Entroido. A comitiva fúnebre sairá en procesión ás 22.00 horas desde o Campo da Cabana.

Sarria

O municipio de Sarria vivirá a celebración da popular festa de Entroido por todo o alto. Así, nenos e maiores poderán gozar cos actos programados a partir de este domingo ás 17.00 horas co desfile e concurso de comparsas e carrozas con saída desde a estación e final na Praza da Vila, onde se levará a cabo a entrega de premios ás 20.00 horas.

O luns 20, ás 17.30 horas, comezará o baile infantil de entroido na Sociedade A Unión. Nas xornadas do luns 20 e martes 21 celebraranse os obradoiros de máscaras de 10.00 a 12.00 horas. Tamén o citado martes 21, pero ás 12.00 horas, terá lugar a festa infantil con agasallos.

Ademais, a Casa da Cultura acollerá o mércores 24 a proxección de varias películas infantís dentro do seu ciclo de cine infantil da programación de Entroido, ás 17.30.

Palas de Rei

O municipio de Palas de Rei celebrará a popular festa de Entroido nas xornadas do 20 e 21 de febreiro.

O luns 20 estará dirixido aos máis pequenos da casa, xa que terá lugar o entroido infantil con diversos xogos, inchables e chocolatada popular.

O martes 21 celebrarase o concurso de disfraces, con 1.120 euros en premios que estarán distribuídos en tres categorías (individual, grupos ata 5 persoas e categoría de grupos), e, a maiores, haberá un premio especial á orixinalidade para todas as categorías na Praza da Vila.

Antas de Ulla

A Asociación Fiadeira de Antas de Ulla organiza a Romaría de Entroido para o goce de nenos e maiores. O evento será de prazas limitadas e levará a cabo na Praza Nova hoxe mesmo.

A Romaría de Entroido comprenderá un obradoiro de pandeireta e un obradoiro de baile que levarán a cabo, respectivamente, ás 17.00 e 19.00 horas.