Foi escollido o deseño do lucense Boja Mirón por representar «o lume dunha festa que non se apaga»
14 mar 2023 . Actualizado a las 05:00 h.O cartel que anunciará a festa do Arde Lvcvs 2023, que terá lugar do 22 ao 25 de xuño, é obra do lucense Borja Mirón Chaos, quen o presentou baixo o título «Lucus Ignis». O concelleiro de Xuventude e Deportes, Mauricio Repetto, felicitou ao artista tras coñecerse o fallo do xurado, e destacou que non foi una elección sinxela debido a alta calidade e o elevado número de propostas recibidas.
A entrega de orixinais efectuouse na Casa da Xuventude, eye luns quedarán expostos os 36 traballos presentados ao concurso.
Todos eles pasaron primeiro polo filtro das redes sociais do Arde Lvcvs, onde se fixo unha votación popular na que participaron preto de 5.000 persoas para a preselección.
O 50% dos carteis máis votados sometéronse á elección final do xurado, e o gañador, Borja Mirón, recibirá agora un premio valorado en 1.500 euros.
O xurado, integrado por Manuel Andrés Pallín, Mónica López e Antonio Cruz, valorou especialmente a limpeza do cartel por ser «directo e moi orixinal, onde o autor foi capaz de plasmar nunha chama o espírito e o lume propio do Arde Lvcvs, unha festa que non se apaga».