José María Núñez, protagonista do rexurdir do Cebreiro: «Hai xente que chega aquí e cre que xa cumpriu a peregrinación»

LUGO

O lucense e exdelegado de Facenda foi nomeado Membro Honorario da Academia Xacobea. Rehabilitou parte do núcleo histórico do Cebreiro
12 jul 2023 . Actualizado a las 05:00 h.José María Núñez naceu no 1951 e viviu no Cebreiro ata os dez anos, cando se trasladaou Lalín para traballar nunha granxa. A estampa daquela época non se crería a día de hoxe: practicamente non pasaba ningún peregrino porque, como el explica, «as peregrinacións desapareceran, perderon o sentido». Fai o apunte con propiedade, xa que este martes foi nomeado Membro Honorario da Academia Xacobea. O acto celebrouse na Igrexa de Santa María do Cebreiro, localidade que agora é un emblema do Camiño en parte grazas a labor de rehabilitación e investigación de José María Núñez. O que foi delegado de Facenda en Lugo mudouse a súa aldea natal tras a súa xubilación e cre que aínda quedan aspectos que mellorar.
—Como comezou o seu interese e implicación co Camiño?
—A partir da resurección do Camiño no século XX con Elías Valiña empezaron a vir os peregrinos e os que estamos aquí interesabámonos por todo o do Camiño. Cada un dos vciños foi restaurando as súas casas, eu formo parte desa recuperación das que estaban moi deterioradas, que se dotaron dalgún negocio. As casas onde eu nacín e me criei son agora a Albergaría Frade e a Casa Rural Venta Celta. Tamén recuperamos un hórreo que agora é tenda e así pode manterse a si mesmo.
—O que agora é ao Cebreiro débese entón aos veciños.
—Tamén hai un agradecemento colosal que facerlle a Xunta de Galicia, ao conselleiro Vázquez Portoñeme, que fixo unha traida de agua e un saneamento en condicións para a aldea.
—Que foi primeiro os peregrinos ou a recuperación do Cebreiro?
—Foi case ao mesmo tempo. Aos peregrinos que iban chegando íaselles ofrecendo algo, casa todas as casas tiñan habitacións. Hai camiños que en quilómetros non teñen infraestruturas.

—Que sería do Cebreiro sen o Camiño?
—Houbera fenecido. Nacín aquí e sei o que era. A xente marchaba para Ponferrada porque había mellor clima para plantar. Aquí todos los vientos pegan, dicían. Aquí non hai poboación, non nacen nenos, o romanticismo está moi ben pero é unha aldea con moita limitación urbanística, todo está dedicado ao turismo.
—E do Camiño sen o Cebreiro?
—Foi un punto esencial, pola súa relixiosidade e o milagre que ten, polas vistas que non as teñen en calquera aldea... é un pobo que todo o que lle des agradéceo. Eu estou seguro que se constituiu para protexer aos peregrinos mortos de fame.
—Fálase de que se está perdendo o peregrino de longa distancia, que cada vez mais buscan empezar aos cen quilómetros.
—Eu non creo que sexa determinante. O que temos que facer nós é atender ben aos que veñen. Ter unha aldea limpia, que non haxa deficiencias de agua... facer o que está nas mans dun. Tampouco estivo colapsado. O Camiño admite o que lle mandes, non se conxestiona mentres haxa seguridade. Aquí durmiron ata mil persoas.
—Aínda hai aspectos que mellorar?
—Si, O Cebreiro ten capacidade de mellora, como a banda ancha, o saneamento, que en inverso non haxa deficiencias, empregar palla en vez de plásticos... Ten que estar ben porque é esencial, hai xente que cando chega aquí cre que xa cumpriu coa peregrinación.
—O seu traballo en Facenda permitiulle seguir implicado co Camiño.
—Sempre estiven moi vinculado a isto e dende que me xubilei teño todo o tempo do mundo. Volvín a vivir aquí aínda que fago saídas recorrentes. Ademais sempre desgraciei moitos instrumentos, guitarra, gaita... non me faltan cousas que facer.
A traxectoria
José María Núñez naceu en O Cebreiro no 1951, mudouse a Lalín a traballar con dez anos e en 1964 ingresou no Seminario Diocesano de Lugo. Realizou dous cursos de Filosofía na Universidade de Santiago de Compostela e despois licenciouse en Dereito na Universidade Complutense. Ingresou no corpo Superior de Inspectores de Finanzas do Estado e tras pasar por varias cidades foi delegado da Axencia Tributaria de Lugo. Durante tres anos, foi xerente fiscal en Price Water House-Coopers.
A Academia Xacobea sae por primeira vez de Santiago
O acto de nomeamento tivo lugar por primeira vez fóra de Santiago porque, como explico o propio secretario xeral de Política Lingüística, O Cebreiro ten a relevancia suficiente. Participaron o presidente da Academia Xacobea, Xesús Palmou; o párroco do Cebreiro, Francisco Castro ou Vázquez Portomeñe, que presentou a Núñez Pérez como «protagonista do rexurdir do Camiño».