
Haberá exposicións, demostracións de oficios, gastronomía e música
11 jul 2023 . Actualizado a las 11:36 h.Domingo 16 • Todo o día • Parga (Guitiriz) •
Os callos, a cantería e a artesanía volven este domingo a Parga con motivo da XXVIII Feira da Cantería, Callos e Artesanía, que organiza o Concello de Guitiriz e a Asociación de Veciños do Campo da Feira de Parga. Haberá exposicións, demostracións do oficio, gastronomía, premios, probas ecuestres e música.
A feira botará a andar ás oito e media da mañá e ás dez abrirá a mostra de artesanía e a exposición Galiña Piñeira (Agalpi). As actuacións musicais comezarán ás once, con Na Casa Zoqueiro e os grupos municipais Banda de Música, Grupo de Gaitas e UNED Sénior. O peche do certame de cantería terá lugar á unha e media, seguido do pregón, mentres que o fallo do xurado e a entrega de premios está previsto para ás dúas.
Pola tarde, ás catro, comezará o Campionato Galego Andadura Federada, con cabalos xóvenes, menos e máis de 150 serrada, menos e máis de 150 chapeada e sub-16.
Ademais, durante toda a xornada haberá venda de callos.