O comercio de Lugo cualifica como «nefasta» a campaña de rebaixas: «Agora para ir de tendas tes que coller un bus e ir a As Termas»

María Quelle / M.G. LUGO/ LA VOZ

LUGO

Remate final da tempada de rebaixas en Lugo
Remate final da tempada de rebaixas en Lugo Laura Leiras

A maioría dos lucenses asegura que non está comprando tanto nas rebaixas como o ano pasado

27 jul 2023 . Actualizado a las 09:42 h.

Antes, a época de rebaixas era un momento moi esperado por todos aqueles que desexaban comprar prendas para toda a estación ou incluso xente que compraba roupa para todo o ano. Era necesario ir durante os primeiros días porque logo apenas quedaban cousas. Non obstante, coa chegada de Internet e as tendas online, é menos frecuente atopar unha morea de persoas en tendas facendo cola para probarse roupa ou estantes completamente baleiros. 

O mercar de maneira compulsiva para acumular roupa no armario está pasando de moda. A roupa atemporal e básica é a protagonista das rebaixas deste ano. Os lucenses afirman: «Prefiro gastar máis nuns pantalóns que me duren 1 ano que comprar 3 a metade de prezo».

A cidade de Lugo está perdendo moito movemento dende que a maioría das tendas se trasladaron ao centro comercial As Termas. Son moitos os lucenses que se queixan deste feito: «Agora para poder comprar en algunhas tendas tes que ter coche ou tes que coller un autobús» ou «A nosa familia deixou de comprar en tendas multinacionais porque a maioría marcharon para As Termas. Grazas a iso descubrimos moitas tendas locais que teñen cousas moi bonitas». Esta problemática permitiulles ás tendas locais converterse nas protagonistas da cidade.

Tendas locais

Ata fai uns anos, estas tendas non vendían tanto como na actualidade. A maioría dos seus clientes eran persoas que levaban anos comprando alí, mais poucas veces aparecían novos interesados. Houbo unha caída nas vendas e isto provocou o peche de tendas típicas de Lugo, como Almacenes Simeon, Olmedo, Siglo XX... Non obstante, tendas como Xoaniña, Violet & Chloe ou Código están rexurdindo e espertando o interese en persoas de todas as idades. O posto de ambas é moi céntrico, polo que é difícil non percatarse delas, tanto para os lucenses como para os turistas.

Xoaniña é unha tenda familiar que se atopa na Rúa Bo Xesús, ao lado da catedral. Teñen todo tipo de prendas, accesorios, xoias e incluso accesorios como atrapasonos. O fillo dos donos conta: «Movemento de rebaixas hai bastante, pero eu diría que son máis ben xente de fóra».

Xoaniña, a tenda local de Lugo con rebaixas e zona outlet
Xoaniña, a tenda local de Lugo con rebaixas e zona outlet Laura Leiras

Violeta & Chloe é unha tenda única de Lugo que ofrece unha gran variedade de prendas para muller e para todas as idades. Atópase na Rúa Bispo Aguirre. En canto ao tema das rebaixas, unha das dependentas comenta: «En nuestra tienda notamos que la gente suele esperar un poco más a las rebajas finales cuando los precios bajan un poco más. Al principio de las rebajas notamos menos gente que otros años. Vendemos ropa para toda la época del año no unicamente ropa de verano».

Código está ubicada nas galerías Pimentel e é unha das boutiques con máis anos en Lugo. A propietaria da tenda recalca: «As rebaixas cada vez están peor, as tendas comezan con descontos antes. Campañas de prezos especiais, black friday, mid season.. As rebaixas xa non significan o que eran nun comezo, quitáronlles a maxia». A situación exposta por esta propietaria é algo que preocupa a moitas tendas locais. O medo de non poder competir cas promocións que sacoden as multinacionais é moi frecuente. 

Multinacionais

As tendas de Inditex seguen triunfando entre todas as idades, mais na tenda física hai moitas menos persoas que anos atrás. A chegada das compras online bota o peche ao número de tendas da franquía. As empregadas das tendas como Pull & Bear, Stradivarius, Mango ou Sfera, entre outras, confirman a situación: «En la web es una locura, teníamos días en la tienda donde solo teníamos que entregar pedidos».

A pesar desta situación, as rebaixas seguen no punto de mira de moitas persoas. A empregada de Sfera confirma: «En general la gente compra un poco menos que el año pasado. En nuestra tienda no notamos un cambio drástico, pero algo sí que se nota. Sobre todo durante los fines de semana porque cuando llega el buen tiempo la gente se marcha».

Purificación García en rebaixas
Purificación García en rebaixas Laura Leiras

Os que presentan unha opinión máis positiva sobre o tema son os empregados de Stradivarius, que aseguran: «Nosotros notamos que estamos vendiendo bastante más que el año pasado, tanto físicamente como en web. Hay más afluencia de público, sobre todo turistas».

Prendas que máis se venden

As prendas do día a día son as protagonistas desta tempada de rebaixas. A xente busca prendas coas que construír un fondo de armario, roupa que teña mil combinacións, en palabras da empregada de Spirit. Hai anos, o habitual era comprar de xeito compulsivo ou sen pensar ben o proveito que se lle ía sacar a esa roupa. A día de hoxe, a xente aposta por prendas de boa calidade e principalmente casuais. 

Os vestidos son unha peza clave para os armarios deste verán. Así o confirman as dependentas das multinacionais como das tendas locais. No caso de Purificación García, as traballadores afirman: «Las prendas por las que más nos preguntan son los vestidos veraniegos». En Violet & Chloe confirman esta situación: «Nosotros lo que más vendemos son vestidos, aunque también se venden muchas camisetas y sudaderas».

Opinión dos lucenses

Os habitantes da cidade de Lugo confirmar que gastaron «moito» máis o ano pasado, ademais de asegurar que este ano «non se molestaron tanto en acudir as tendas físicas». Mercar a través de Internet é máis cómodo no relativo a evitar colas ou atopar máis variedade que en físico. De feito, dende hai uns anos pódense crear alertas na web das tendas para que te avisen cando se repoña unha peza determinada, xerando así unha «oportunidade» de conseguir algo esgotado.

Os que foron as tendas esta época comparten opinión:«O ano pasado gastei moito máis. As rebaixas cada vez son peores, meten prendas de tempadas pasadas que non se deron vendido ou non teñen tanta calidade como anos anteriores» ou «A verdade é que compro cada vez menos. Non hai tanta oferta e as prendas teñen peor calidade. Hai menos xente cando se compra porque a maioría pasamos a compra online. Aí podemos atopar máis tallas e moitos produtos que non se atopan na tenda».