![Instalacións do Museo Provincial de Lugo](https://img.lavdg.com/sc/4x0qHAHh7uShJkwhinxlaKCUook=/480x/2024/01/29/00121706525461489148531/Foto/LE28C9F4_114914.jpg)
A publicación, á que se poden suscribir os interesados, dá conta das exposicións, actividades e información práctica dos museos provinciais
29 ene 2024 . Actualizado a las 11:56 h.A Rede Museística Provincial de Lugo acaba de lanzar un novo boletín informativo sobre a programación dos museos e con novas relacionadas. As persoas interesadas en recibilo pódense inscribir na plataforma www.comunidadermpl.es.
A programación publicada ata o momento é a seguinte:
Febreiro
· Xoves 1. Da Forma ao Concepto: unha procura que conduce do Realismo á Abstracción, Ana María Marín. Museo Provincial
· Venres 2. Origen. Glorianna Ximendaz. XI Premio Galicia de Fotografía Contemporánea. Sala de exposicións da Deputación
Ademais, no marco da exposición Da Forma ao Concepto: unha procura que conduce do Realismo á Abstracción, a artista Ana María Marín levará a cabo un obradoiro sobre escultura táctil dirixido a persoas invidentes. Museo Provincial.
· Do 5 ao 28. Obradoiro “Patrimonio e Recursos de Museos para comprender a desigualdade e as narrativas alternativas”. Dentro do Proxecto Proba Concepto.
· Día 8. Eu son. Memoria das rapadas. Art al Quadrat, Gema y Mònica del Rey Jordà. Museo Provincial
Ademais, cine-debate, Sacar á luz. A memoria das Rapadas (documental), coa presenza das autoras Gema e Mónica del Rey (Art al Quadrat). Museo Provincial
Tamén haberá Notas no latido do unánime e cego. Carla Andrade. Museo Provincial
· Día 23. Diálogo de saberes compartidos arredor de Rosalía. Museo Provincial
· Día 29. As 7 e 7. Andrea Otero/ Noa Costas Martín/ Christina Chiarroni/ Carmen Quintáns/ Sabela Eiriz/ Greta Debelius/ Noa e Lara Castro Lema. O 7 e o 20 de marzo realizaranse visitas guiadas. Museo Provincial.
Marzo
· Martes 5. Obradoiro «Vendo como ver». Museo Provincial.
· Día 7. Mesa redonda As Mulleres na arte ? Retos e dificultades. Museo Provincial.
· Día 8. Encontros de saberes compartidos «A natureza dos procedementos». Con Ledicia Bellón e Carmen Porteiro no Museo Provincial
· Día 14. Obradoiro «Vexo, vexo, o que ves». Museo Provincial.
· Día 20. Encontros de saberes compartidos arredor de Asorey.
· Día 23. Encontros de saberes compartidos arredor do Movemento, o Son e o Tempo.
Visitas guiadas gratuítas
Por outra banda, os catro museos xestionados pola Vicepresidencia da Deputación contan cun programa de visitas guiadas gratuítas. O Museo Provincial de Lugo conta con esta proposta de martes a sábado ás 17.00 horas, mentres que no Museo Fortaleza San Paio de Narla (Friol) realízase de martes a domingo ás 11.00. Os espazos de Monforte e Cervo poden coñecerse concertando cita previa. Tamén se mantén o programa Ioga e Arte, no centro de Lugo, os martes e xoves de 11.00 a 12.30 e os venres de 18.30 a 20.00.