A vida cotiá da muller de Lugo nos anos 20: da foto ao museo

Suso Varela Pérez
Suso Varela LUGO / LA VOZ

LUGO

Reprodución de vestimentas de mulleres galegas que retratou Walter Ebeling e que se poden ver nos museos da rede Museística Provincial de Lugo
Reprodución de vestimentas de mulleres galegas que retratou Walter Ebeling e que se poden ver nos museos da rede Museística Provincial de Lugo CEDIDA

A Rede Museística Provincia presenta unha mostra coa vestimenta das mulleres que retratou Walter Ebeling

17 mar 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

A Rede Museística Provincial inaugurou hai máis dunha semana en San Paio de Narla a mostra «Soterradas: vidas e historias. As mulleres: Walter Ebeling», que recrea algunhas das fotografías realizadas polo lingüista alemán durante as súas viaxes pola provincia de Lugo entre 1928 e 1933.

Do amplo arquivo do investigador, a mostra céntrase na reconstrución de escenas protagonizadas por mulleres, poñendo en relevo o seu traballo no campo e nas tarefas domésticas.

A recreación presta especial atención á vestimenta, empregando prendas orixinais de distintos puntos da xeografía lucense recollidas ou recreadas pola asociación Sete Espadelas, que reflicten a evolución da vestimenta tradicional coa incorporación dos primeiros tecidos industriais ou as diferenzas no vestir segundo as clases sociais.

Mulleres con chal retratadas por Walter Ebeling a finais dos anos 20 na aldea de Torés, nas Nogais
Mulleres con chal retratadas por Walter Ebeling a finais dos anos 20 na aldea de Torés, nas Nogais WALTER EBELING

Con esta mostra, a Rede Museística Provincial de Lugo quere visibilizar e contar a nosa historia poñendo o foco nas vidas das mulleres.

A mostra complétase con intervencións tanto no Museo Provincial de Lugo como no Pazo de Tor, en Monforte, que tamén contan con escenas recreadas con vestimenta tradicional. Poderanse ver as diferentes coleccións ata o 30 de maio.