A programación cultural de primavera de Guitiriz rende homenaxe ás cantareiras

X.M.P. LUGO / LA VOZ

LUGO

Los actos se presentaron este martes en Guitiriz
Los actos se presentaron este martes en Guitiriz SUSO PENA

Tres colexios e Xermolos organizan actividades para as vindeiras semanas

17 abr 2025 . Actualizado a las 20:46 h.

A actividade cultural que se desenvolverá en Guitiriz nas vindeiras semanas está relacionada co Día das Letras Galegas. O 17 de maio terá lugar dentro de pouco, pero hai outra unión: nesa data serán as cantareiras, expresión de cultura popular, as homenaxeadas; en Guitiriz, pola súa banda, a dedicación terá un selo local. Os actos non só se desenvolverán na vila termal senón tamén en Parga e en Teixeiro, organizados polos colexios desas tres localidades e pola Asociación Cultural Xermolos.

 O 16 de maio, en Teixeiro, haberá actuacións da asociación Faragullas, así como de profesores e de alumnos dese colexio, que protagonizarán unha foliada aberta á veciñanza. O 17 desenvolveranse eses actos en Parga. «Queremos reivindicar a cultura popular», salienta Alfonso Blanco, coordinador da Asociación Cultural Xermolos.

O 18 de maio, domingo, celebrarase a festa de San Alberte, coñecido popularmente na Terra Chá como o santo da fala. Na contorna da igrexa desenvolveranse actuacións musicais e tamén haberá unha charla de Laura Romero.

Por outra banda, dentro da colección As nosas raíces, Xermolos publicará un caderno dedicado ao falecido Manuel García, coñecido como o capador de Sesulfe. Del coméntase que falaba en verso, o cal o pon en conexión coas regueifeiras, unha actividade que se está a espallar na comarca co traballo do IES Basanta Silva, de Vilalba. Tamén se lembrará a falecida Josefa Cabado, coñecida como A regueifeira do Cando: naceu nos Vilares e foi vivir a San Salvador de Parga tras a voda. As regueifeiras tamén serán homenaxedas no Festival de Pardiñas, en agosto.