
A celebración regresa do 15 ao 18 de agosto con música e festa para todos os públicos
15 ago 2025 . Actualizado a las 05:00 h.A vila de Parga, en Guitiriz, volverá encherse de festa do 15 ao 18 de agosto coa celebración das festas en honor a San Roque, cunha programación pensada para todos os públicos e para recuperar a tradición e o espírito comunitario da vila.
Desde a comisión organizadora destacan especialmente a Festa da Xuventude do venres, que este ano celebra a súa segunda edición grazas ao apoio da Xunta de Galicia. Ademais, agradecen «a participación e colaboración de todos os veciños da vila, así como de comerciantes e outras persoas dos concellos próximos que aportaron para que a festa fose posible». Tal e como lembran, en Parga hai só tres anos que se ten que pedir a colaboración económica dos veciños, algo que durante 30 anos non foi necesario grazas á riqueza da comunidade de montes da vila.
As celebracións comezarán o venres 15, ás 22.00 horas, coa degustación de chourizos, liscos e pan gratis. A partir das 23.00 horas dará comezo a Festa da Xuventude, animada pola discomóvil Sebas 21.
O sábado 16 a xornada comezará ás 11.00 horas con alboradas a cargo de Sons d'Aldea. Ás 14.00 horas haberá unha sesión de pirotecnia, seguida dunha sesión vermú ás 14.15 horas co dúo Venus. A noite ofrecerá unha gran verbena, tamén con Venus, e o espectáculo de Euphoria Disco Show, a partir das 23.00 horas.
O domingo 17 comezará ás 11.00 horas coas alboradas, seguidas pola actuación da Banda Municipal do Concello de Guitiriz ás 13.00 horas e a misa na Capela de San Roque ás 13.45 horas. Ás 14.15 horas, nova sesión de pirotecnia e ás 15.00 horas sesión vermú coa orquestra Pontevedra. A noite culminará cunha gran verbena: de 20.30 a 22.30 horas actuará a orquestra Pontevedra e de 22.30 a 00.00 horas a orquestra Trébol, que continuará ata as 02.00 horas. Á 00.00 horas, o ceos iluminarase cunha gran sesión de fogos artificiais.
O luns 18, ás 14.00 horas, comezará a sesión de pirotecnia, seguida dunha sesión vermú co trío Arena Musical. Ás 17.00 horas, os máis pequenos poderán gozar dunha gran Festa Infantil. A xornada e as festas pecharanse cunha verbena ás 22.00 horas a cargo do trío Arena Musical e un concerto de La Última Legión.