Ana Pontón goza do San Froilán de Lugo

la voz LUGO

LUGO

Pontón e Arroxo nas casetas do polbo de San Froilán
Pontón e Arroxo nas casetas do polbo de San Froilán CEDIDA

«É unha festa que representa o mellor que somos e está a ser un éxito», dixo a líder do BNG

10 oct 2025 . Actualizado a las 14:51 h.

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, visitou este venres o San Froilán de Lugo, poñendo as festas patronais de Lugo «como símbolo dunha cidade acolledora, que aposta pola defensa da nosa cultura e da nosa identidade». 

Na súa visita a Lugo, acompañada do tenente de Alcalde, Rubén Arroxo, e do vicepresidente da Deputación, Efrén Castro, entre outros cargos do BNG, aproveitou tamén para destacar o traballo político que está a facer a súa formación no Concello:«Levamos tempo axudando á transformación de Lugo, sendo un motor que aposta por crear espazos urbanos de calidade, por defender a nosa cultura, por avanzar tamén da modernización dos nosos espazos», afirmou. 

Ana Pontón con cargo do BNG de Lugo na Praza de Santo Domingo
Ana Pontón con cargo do BNG de Lugo na Praza de Santo Domingo

Subliñou que o BNG está demostrando que esta cidade «ten un proxecto de futuro que mellora a vida das persoas” e que aposta por “confiar no que somos como galegos e galegas». 

«É para min un gustazo poder estar un ano máis no San Froilán, unha festa que non veño só como portavoz nacional do BNG, senón que é unha festa de referencia para min. Todos os anos era un punto obrigado na miña vida familiar visitar o San Froilán, comer o polbo e poder gozar das atraccións», declarou a líder nacionalista logo de percorrer o centro da cidade e ir ao feiral, onde acudiu ás casetas do polbo. «O San Froilán é unha festa que representa o mellor que somos e que ademais está a ser un éxito para a cidade», concluíu.