Don Jesús chega aos 50 anos como cura: «Gústame presentarme elegante aos fieis»
![Uxía Carrera Fernández](https://img.lavdg.com/sc/IpUhdEo7-sxLEo4DLQFF1_x1DUs=/75x75/perfiles/1618496101292/1639823781096_thumb.jpg)
BALEIRA
![](https://img.lavdg.com/sc/Vs5OExZGAnxnNzsVyrH6tHUVqGg=/480x/2022/10/08/00121665230641775986761/Foto/L08O2003.jpg)
Case 400 persoas homenaxean este domingo en Baleira a Jesús Trigo. O relixioso levou a autoescola a Navia e levantou a nova igrexa do Cádavo
09 oct 2022 . Actualizado a las 18:51 h.Veciños e fregueses de Baleira, Navia, Paradela ou Pol xuntaranse hoxe nunha multitudinaria comida para homenaxear os 50 anos de sacerdote de Don Jesús, no pavillón de Baleira. A bonanza e traballo do cura orixinario de Pol fixo que as entradas para a súa celebración se venderan en bares de varios concellos da provincia, case coma un festival. Jesús Antonio Trigo, de Pol, ordenouse en 1972 e aos seus 78 anos segue tendo una «dedicación completa» tras ir sumando historias e logros de todo tipo.
—Onde comezou como sacerdote?
—En Navia de Suarna, na zona montañosa. Fun trasladado de repente dende A Terra Chá a unhas aldeas a varios quilómetros de Navia.
—Como recorda aqueles comezos?
—Son os anos que mellor recordo porque foron o principio de todo. Destináronme a unha aldea a nove quilómetros de Navia que só se conectaban por unha pista pola que había que ir en Landrover. Eu tiña un 600 recen comprado, cheguei a duras penas. Dende o Obispado dixéronme que estaría un ano e ao final foron 14, pero as circunstancias ían mellorando. Anos despois mudárame a unha aldea a tres quilómetros de Navia e acolléronme nunca casa de labradores que xa tiña luz e foi moito mellor. Gustábame ensinarlle.
—Que lles ensinaba?
—Ensinallabes aos agricultores a ensilar e como tapalo. Ademais, daquelas en Navia había dous tractores pero só un veciño con carné para tractor, así que animei a xente a que se sacase o permiso de conducir. Conseguimos que a Autoescola Avenida viñese para aló. Nas primeiras clases teóricas apuntáronse ata 40 persoas.
—Cal foi a seguinte parada?
—Despois de Navia mandáronse a traballar en parroquias de Paradela e O Saviñao, alí estiven centrado en organizar os arquivos da igrexa durante cinco anos. Finalmente, cheguei a Baleira hai 30 anos.
—Que foi o máis especial que viviu en Baleira neste tempo?
—Recordo cando tivemos que tirar a igrexa vella porque estaba en moi mal estado e podía caer e construímos unha nova. Foi un gran momento porque a min sempre me gustou que o cura, e tamén as igrexas, se presenten elegantes e se engalanen para los fieis.
—Que vida ten máis alá do sacerdocio?
—A miña é unha dedicación completa. Como afección, cando aínda estaba en Navia e eu e uns compañeiros fixémonos radioaficionados. Agora do que máis gozo é de ir coa xente máis maior das aldeas a restaurar ou arranxar vellas capelas que foron quedando abandonadas.
—Pensou no día da súa xubilación?
—Teño un convenio cos fregueses. Compartimos en confianza unha boa linguaxe e un bo diálogo. Quedamos en que me xubilarei cando eles me digan que xa non estou como para seguir traballando. Pero de momento estou estupendamente!