![Haberá exposición de gando](https://img.lavdg.com/sc/Emlkjg60WOWGj7MG4VNOu-OAUtQ=/480x/2023/07/24/00121690198382006228940/Foto/LL25C6F3_133146.jpg)
A festa terá lugar o sábado no Cádavo
25 jul 2023 . Actualizado a las 11:11 h.Sábado 29 • Todo o día • O Cádavo (Baleira) •
O Concello de Baleira organiza a segunda edición da Feira Degustación Tenreira Galega Suprema, que se celebrará este sábado. Haberá degustación gratuíta de tenreira ao espeto e, durante todo o día, exposición de gando. O programa de actos é o seguinte:
· 8.30h. Recepción e apertura da feira
· 11.30h. Animación polo pobo co grupo tradicional Toxo Queimado
· 12.00h. Subasta de novillas de Acruga de raza Rubia Galega
· 13.00h. Entrega de obsequios a todos os gandeiros
· 13.30h. Sesión vermú co grupo Mar de Arousa
· 14.30h. Degustación gratuíta de tenreira galega asada ao espeto
· 17.00h. Actuación de Toxo Queimado
· 22.00h. Verbena a cargo do grupo Mar de Arousa e do DJ Miguel Cendoi.