Comezan as actividades de formación e lecer na Reserva da Biosfera
17 mar 2021 . Actualizado a las 12:52 h.A Deputación organiza unha nova programación de actividades de divulgación e educación ambiental sobre a Reserva da Biosfera dos Ancares Lucenses, Montes de Cervantes, Navia de Suarna e Becerreá. As xornadas, que comezan o xoves 18 en Navia, levaranse a cabo durante as últimas semanas de marzo e abril en distintos puntos dos concellos da Reserva (Cervantes, Navia e Becerreá), respectando as limitacións de aforo marcadas en cada momento. Os interesados en anotarse nalgunha das actividades poderán reservar na web www.deputacionlugo.gal ou inscricions.deputacionlugo.org; e tamén a través do correo electrónico und.medioambiente@deputacion.org. Tamén se pode obter máis información chamando ao 982 305 930. As inscricións faranse por rigorosa orde de reserva, e ata completar o aforo permitido en cada instalación.
O programa é o seguinte:
Becerreá
· 29 de marzo: Cociña creativa con produtos da Montaña. Consiste en empregar a creatividade elaborando diferentes pratos de cociña con produtos da comarca da Montaña lucense. Dirixida a adultos, no Centro Social de Becerreá de 16.00 a 20.00 horas. Inscricións: 982 360 704.
· 29, 30, 31 de marzo: Obradoiro de vimbio. Estas xornadas traen de volta os oficios tradicionais, como a elaboración de produtos de vimbio. Actividade orientada a nenos e nenas, no Centro Social de Becerreá, de 10.00 a 14.00 horas. Inscricións: 982 360 704.
Navia de Suarna
· 18, 20, 24 de marzo e 24 de abril: Curso de iniciación á poda e ao enxerto de árbores frutais. Orientado a adultos, na Escola de Barcia entre as 10.00 e as 14.00 horas. Inscricións: 982 365 166.
· 27 de marzo: Contacontos. Tardiñas de contacontos e xogos para toda a familia ao aire libre na Praza da Vila de Navia, ás 17.00 horas. Inscricións: 659 991 400.
Cervantes
· 26 de marzo: Curso de iniciación aos primeiros auxilios, para adultos. Realizarase no Edifico de Servizos Múltiples, de 16.00 a 21.00 horas. Inscricións: 982 364 904.
· 26 de marzo: Contos e xogos para toda a familia, no CPI de Cervantes ás 10.00 horas.