
A vila celebra ata o mércores 25 as festas de Santiago Apóstolo
21 jul 2018 . Actualizado a las 10:49 h.Desde hoxe ata o mércores 25 • Castroverde •
Castroverde inicia as súas festas de Santiago Apóstolo co primeiro Festival Folk-Rock, que comezará esta noite ás 23.30 horas. Os festexos continarán ata o mércores 25.
A programación é a seguinte:
Hoxe
·18.00h. Proba de orientación
· 20.30h. Foliada pola vila, amenizada polas Cantareiras Trasdalomba e A Legua Dereita do Corgo
· 23.30h. Comezo do I Festival Folk-Rock de Castroverde, con Zurrumalla, Habelas Hainas e Zënzar
Mañá
· 12.00h. Feira-subasta de Acruga no Mercado Gandeiro
· 13.30h. Sesión vermú co Grupo Fénix
· 17.00h. Xogos infantís no Campo da Festa
· 18.00h. I Campionato de Billarda
· 21.00h. Festa e verbena co Grupo Fénix
Martes 24
· 23.30h. Festa e verbena coas orquestras Aché e Cinema
Mércores 25
· 12.00h. Pasarrúas coa Banda de Música de Vilalba
· 13.00h. Concerto na Praza do Concello coa Banda de Música de Vilalba
· 13.30h. Misa solemne e procesión
· 14.30h. Sesión vermú coa Orquestra Nevada
· 16.30h. Animación pola vila a cargo da Charanga Mekánica
· 23.00h. Festa e verbena coa Orquestra Nevada e a Charanga Mekánica