Guitiriz celebrará catro días de festas polo San Xoán

Laura López LUGO / LA VOZ

GUITIRIZ

O San Xoán comezará cunha sardiñada
O San Xoán comezará cunha sardiñada SUSO PENA

Haberá sardiñada, verbenas, animación de rúa e sesións de pirotecnia entre os días 23 e 26

18 jun 2022 . Actualizado a las 11:35 h.

Guitiriz prepárase para vivir catro días de festas polo San Xoán, organizado pola Asociación Cultural e Deportiva Ecce Homo, de Guitiriz, coa colaboración do Concello, a Comunidade de Montes San Xoán de Lagostelle, ademais de hostaleiros, comerciantes, industriais e autónomos do municipio. O programa de actividades é o seguinte:

Xoves 23

· 21.00h. Disparo de 24 bombas anunciando o comezo das festas

· 21.15h. Gran Sardiñada, con sardiñas e pan gratis

· 22.00h. Fogata de San Xoán

· 00.00h. I Festa da Xuventude, con DJ Frisco & Marcos Peón, DJ Celso Bayo e DJ Hugo Leivas, que ofrecerán cunha macrodiscoteca a mellor música dos 90 e os 2000

Venres 24. Día do patrón, San Xoán

· 10.30h. Pasarrúas con Son’s da Aldea (gaiteiros), Grupo Municipal de Gaitas de Guitiriz, Grupo da UNED Sénior e Charanga Os Trileros

· 13.00h. Misa solemne e procesión

· 14.00h. Sesión de pirotecnia (Rocha Areas)

· 14.15h. Actuación do Grupo Municipal de Gaitas e o Grupo da UNED Sénior

· 14.45h. Sesión vermú co trío Jake

· 18.00h. Festa dos Nenos

· 22.15h. Gran festa con Jake e a orquestra Costa Dorada

Sábado 25. Na honra de San Antonio

· 10.30h. Pasarrúas co Grupo de Gaitas Son’s Da Aldea e Charanga Os Trileros

· 13.00h. Misa solemne e procesión

· 14.00h. Sesión de pirotecnia (Rocha Areas)

· 14.15h. Actuación da charanga Os Trileros e Son’s da Aldea

· 14.45h. Sesión vermú con Salsarena

· 22.00h. Gran festa coa gran orquestra Salsarena e o grupo Arizona

Domingo 26

· 10.30h. Pasarrúas co Grupo de Gaitas Son’s da Aldea

· 13.00h. Misa solemne

· 14.00h. Sesión de pirotecnia (Rocha Areas)

· 14.15h. Actuación da Banda de Música do Concello de Guitiriz

· 14.45h. Sesión vermú co dúo Eclipse

· 20.30h. Comezo da festa co Dúo Eclipse

· 22.30h. Gran fin de festa de dúas horas e media sen descanso, a cargo do grupo asturiano Beatriz