O alcalde de Lugo inicia unha rolda de reunións cos colectivos afectados pola peonalización total do Casco Histórico

LUGO LA VOZ

LUGO CIUDAD

O alcalde de Lugo inicia unha rolda de reunións cos colectivos implicados pola peonalización total do Casco Histórico
O alcalde de Lugo inicia unha rolda de reunións cos colectivos implicados pola peonalización total do Casco Histórico CEDIDA

A primeira das conversas foi coa asociación ADIS Lugo, que representa ao sector da distribución, da que o Goberno local fai unha valoración positiva

22 jul 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

O alcalde de Lugo, Miguel Fernádez, iniciou este luns a rolda de contactos cos colectivos implicados nos cambios de mobilidade que se están a aplicar como consecuencia das obras de peonalización total do Casco Histórico. A primeira das reunións tivo lugar na mañá de onte coa asociación ADIS Lugo, que representa ao sector da distribución, que finalizou cunha valoración positiva por parte do Goberno local. Unha rolda que continou pola tarde cos repartidores autónomos e, que nos próximos días hai previstos novos encontros coas asociacións comerciais e co tecido veciñal do recinto amurallado.

Unhas reunión que teñen como obxectivo «recoller as achegas finais dos distintos colectivos que desenvolven a súa actividade no Casco Histórico para axustar o novo modelo de mobilidade dunha forma que sexa o máis eficaz e equilibrada posible para todas as partes implicadas», según explicou o rexedor.

Fernández defendeu que a transformación do centro histórico nun espazo peonil e libre de tráfico é unha actuación «con visión de cidade, pensada para gañar calidade de vida, promover un modelo máis sostible e poñer en valor o enorme patrimonio que representa a nosa Muralla e o seu entorno». Aínda así, matizou que «este proceso require de diálogo e atención personalizada aos diferentes usos que conviven no recinto: o residencial, o cultural, o comercial e tamén o recreativo».

O alcalde reiterou a vontade do Goberno local de que o modelo definitivo teña en conta as necesidades reais da veciñanza, dos negocios e dos colectivos profesionais da zona. Só desta forma conseguirase un Casco Histórico vivo, accesible e completamente funcional.