
Tamén haberá unha exposición de fotografía
30 oct 2018 . Actualizado a las 09:35 h.Mércores 31 e xoves 1 • Monterroso •
Monterroso celebra dous días de festas co Samaín, a Foliada de Santos e a Feira de Santos. As primeiras actividades serán o mércores 31 a partir das 16.30 no Espazo Cultural Lorenzo Varela, con xogos, merenda, música e outras actividades de Samaín para nenos de 3 a 11 anos.
Tamén o mércores é a Foliada de Santos, que organiza 25Xastres, con música, mostras, magosto... no Restaurante Pacior. As actividades comezarán ás 19.00 horas (ata as 21.00), cun obradoiro de canto e pandeireta, a cargo de Davide Salvado, no Espazo Cultural Lorenzo Varela. Entre as 21.15 e as 22.00 horas haberá petiscos para os membros das asociacións participantes na foliada; ás 22.00 horas, concerto de Tango en Xan3iro; e, a partir das 23.00, foliada e magosto popular.
Por último, o xoves 1 terá lugar a tradicional Feira de Santos, declarada Festa de Interese Turístico Galego. Tamén haberá exposición de fotografías Por feiras e mercados, no Instituto de Estudos Ulloáns, de 11.00 15.00.