José Fernández, alcalde de Navia de Suarna: «Todos os que veñen á Festa da Androlla repiten, por algo será»

CANDELA F. ROLDÁN LUGO/ LA VOZ
José Fernández, alcalde de Navia de Suarna.
José Fernández, alcalde de Navia de Suarna. LA VOZ

A festividade, que terá lugar a partir das 10.00 este domingo na Praza da vila, contará cun total de 4.000 quilos de embutido

18 feb 2023 . Actualizado a las 19:11 h.

A XXXII Festa da Androlla de Navia de Suarna xa ten todo a punto para a celebración deste ano, que contará con máis de 4.000 quilos desta carne, ademais doutros embutidos e produtos típicos da localidade, que poderán mercarse na Praza da vila nun total de 30 stands a partir de mañá ás 10.30 horas. «Penso que vai ser un éxito», asegura o alcalde la localidade.

—A Festa da Androlla de Navia é todo un clásico da gastronomía lucense, pero, contará con alguna novidade este ano?

—A androlla será o prato forte da festa, como todos os anos, porque é un clásico que non pode faltar. E, para min, é o mellor desta festividade, que mantén a súa esencia intacta ano tras ano, pero tamén hai algunha novidade. Despois de varios anos parada, voltará a Navia a trialera de todoterrenos, que a xente á que lle gusta o mundo do motor xa a botaba de menos.

—Que importancia ten un produto como a androlla en Navia de Suarna?

—Moitísima, para nós, é a estrela do Carnaval. É un produto que levamos consumindo toda a vida e que se fai en case todas as casas do concello por unha cuestión de tradición, pero nesta época, aínda apetece máis. A propia empresa Embutidos Suarna leva máis de 15 anos dedicada á elaboración destes embutidos na comarca de Ancares. Ademais é un claro reclamo turístico para a zona.

—Que lle aconsellaría á xente que vaia visitar Navia agora por primeira vez este domingo a propósito da androlla?

—A nosa terra é moi agradable, así que é imposible que non o pasen ben. Todos os que veñen á festa da androlla repiten, así que por algo será. Degustar este marabilloso produto en Navia é todo un privilexio e o entorno ten un encanto especial, así que non se trata só de gastronomía, que tamén, senón dun valor inmaterial intransferible. A ponte romana, as edificacións antigas da vila, o castelo...Hai moito atractivo turístico.

—Como foi este ano a demanda hotelera, superou as espectivas?

—Dende logo que si. Xa non hai onde quedarse nin onde parar a comer, a ocupación é total. É unha festa consolidada e cada ano vén máis xente. Ata o ano pasado, que saiamos dunha pandemia, sorprendeume moito a cantidade de xente que veu desfrutar da feira, así que este ano non vai defraudar. Aquí non hai ningunha outra celebración con tanto público, á xente chámalle moito.

—Por que cree que «chama tanto» esta festividade?

—É unha festa moi atractiva porque se reúnen todas as condicións propicias para degustar a androlla no seu mellor momento, e mesmo outros produtos típicos de Navia, como son os grelos por exemplo. É a época, e a xente xa ten ganas de que chegue o día. Incluso é un reclamo para os naviegos que viven fóra, xa que moitos voltan uns días a casa a propósito da feira.

—E vostede, vai con gañas?

—Moitas. Quero probar a androlla e, incluso, espero repetir. Levo vindo a esta festa dende que empezou nos anos 90, e espero seguir indo toda a vida. Invito a todo o mundo a vir aquí, non se van arrepentir.

—Que máis produtos tradicionais poderán desgustar os asistentes á celebración?

—O mel, que hai varios produtores da zona moi importantes, pero tamén poderán probar o noso pan, o queixo e demais embutidos, que son a especialidade da localidade.

—E este ano contarán con 4.000 quilos de androlla

—Moitas veces esgotamos os subministros. Aínda que parezan moitos quilos, o certo é que non sei se chegarán.