
Os espectáculos terán lugar do 31 de outubro ao 23 de xaneiro
25 oct 2021 . Actualizado a las 11:04 h.Do 31 de outubro ao 23 de xaneiro • Casa da Cultura de Palas de Rei • Entrada: 2 euros •
Palas de Rei acolle o I Ciclo de Teatro Amador Feteagal (primeira cita) desde este domingo, día 31, ata o domingo 23 de xaneiro, con diversas representacións programadas para as fins de semana, nas que se poderán ver a grupos galegos, socios de Feteagal (Federación Teatral Afeccionada de Galicia), pero tamén a dous grupos de ámbito nacional que proveñen da Confederación Escenamateur. Este ciclo está organizado por Feteagal en colaboración co Concello de Palas e o grupo local Metátese Teatro. O Alcalde de Palas de Rei, Pablo Taboada Camoira; o presidente da Feteagal, David Vázquez Nóvoa; o socio fundador, Valentín Varela López; o director de Metátese Teatro, Afonso García Penas, e membros de Metátese Teatro presentaron en Palas de Rei a programación deste ciclo teatral:
· Domingo 31 de outubro, 18.00h. Metátese Teatro, Detrás das máscaras
· 6 novembro, 20.00h. Oreteiro Teatro, Dúas pezas de microteatro
· 13 novembro, 20.00h. Cía Noite Bohemia, La casa de Bernarda Alba
· 20 novembro, 20.00h. La Locandiera (Madrid), El coleccionista de Mariposas
· 4 decembro, 20.00h. The-Sastre Teatro, Neve en Outono
· 22 xaneiro, 20.00h. Teatro Kumen (Asturias), La comedia de las mentiras
· 23 xaneiro, 20.00h. Delatoute Prod., Mi Gran Mansión