A placa en honor ao poeta Fiz Vergara Vilariño xa loce na súa casa natal en Samos
SAMOS

A asociación de comerciantes, en colaboración co Concello de Samos, homenaxearon este sábado ao poeta coa instalación dunha placa na súa casa, na parroquia de Santalla, ante a presenza de veciños e familiares
10 may 2025 . Actualizado a las 21:08 h.Todos os actos son benvidos se se trata de homenaxear a Fiz Vergara Vilariño, nacido en 1953 na parroquia de Santalla de Lóuzara, en Samos, e falecido só 44 anos despois. A asociación de comerciantes de Samos, en colaboración co Concello, organizou este sábado un acto de homenaxe ao poeta coa instalación dunha placa conmemorativa na súa casa natal, por onde pasa tamén o roteiro que o recorda.
«Os seus Veciños de Samos e os Protectores do Obradoiro Frei Benito Xerónimo Feijoo, en homenaxe e recoñecemento ao noso poeta da terra», describe a placa que familiares, veciños e outros seres queridos instalaron este sábado na súa casa.
A mellora do seu roteiro
Tamén o Concello de Samos, xunto á agrupación cultural Ergueitas —que nace co fin de preservar a memoria de Fiz Vergara— veñen de mellorar significativamente a ruta literaria que recorda ao poeta, formada por 13 esculturas doutros artistas e que diiscorre polo Val do Lóuzara, dende Airapadrón ata Santalla.
Os traballos, realizados cunha axuda de 30.000 euros de Turismo de Galicia, consistiron na rehabilitación de esculturas, que contan ahora con novas placas informativas con códigos QR, na mellora da sinalización ou a instalación de elementos como varandas para garantizar a seguridade. Todo listo para descubrir montaña, río, fervenzas e covas a través da memoria de Fiz Vergara Vilariño.
MÁS INFORMACIÓN
El día 31 de mayo se hará un recorrido por la ruta para inaugurarla con las novedades incorporadas. La salida está fijada a las 11.00 horas desde Airapadrón.