Comeza en Sarria o ciclo Mestre Mateo con «O Gran Camiño»

L. López LUGO / LA VOZ

SARRIA

«O Gran Camiño»
«O Gran Camiño» CEDIDA

O documental poderase ver o sábado 26 en La Unión

23 mar 2022 . Actualizado a las 12:36 h.

Sábado 26 • 19.00 horas • Sociedade Cultural La Unión (Sarria) • Entrada de balde ata completar o aforo • 

Comeza en Sarria este sábado o ciclo de cinema Mestre Mateo, coa proxección do documental O Gran Camiño (España, 2021), de Alba Prol Cid e Raúl García. Narrado en primeira persoa, os cineastas emprenden unha aventura de miles de quilómetros polas grandes rutas a pé do mundo: Pacific Crest Trail, Camiño Inca a Machu Picchu, Kumano Kodo, Camiño de Santiago...

 A Academia Galega do Audiovisual co apoio da Área de Cultura da Deputación da Coruña, a vicepresidencia da Deputación de Lugo, a Deputación de Pontevedra e a Deputación de Ourense impulsan este programa de cinema dirixido a concellos e vilas que desexen incluír na súa oferta cultural o máis destacado do audiovisual galego actual.

Os obxectivos son facilitar o acceso da cidadanía ao cinema galego, favorecer as proxeccións públicas como actividades colectivas que crean comunidade arredor do cine, contribuir á diversificación das ofertas culturais de concellos e vilas, fomentando hábitos de consumo de programación audiovisual galega e poñer en valor o talento creativo de artistas e profesionais do sector audiovisual.