Triacastela celebrou a súa Feira da Artesanía e Produtos da Zona

la voz LUGO

TRIACASTELA

Santiago Soria, pregonero, junto a la alcaldesa de Triacastela
Santiago Soria, pregonero, junto a la alcaldesa de Triacastela CEDIDA

O enxeñeiro Santiago Soria foi o encargado de ler o pregón

29 sep 2024 . Actualizado a las 18:54 h.

Triacastela acolleu este sábado a celebración da 12 Feira de Artesanía e Produtos da Zona, na que participaron preto de 60 artesáns chegados desde moitos puntos da localidade e das zonas próximas. O encargado de pronunciar o pregón foi o enxeñeiro de Montes Santiago Soria, quen lle puxo data ao castiñeiro centenario de Ramil, onde mercou unha casa tras facer o Camiño e namorarse de Triacastela.

Soria é ademais autor do libro Apuntes botánicos do Camino de Santiago, foi xefe de Xardíns e Parques e Montes de Patrimonio Nacional e do Palacio da Zarzuela. Tamén foi subdirector xeral de Parques e Xardíns do Concello de Madrid.

Recibiu como agasallo unha figura do peregrino e unha bolsa elaborada polos nenos e nenas do CEIP Eduardo Cela Vila de Triacastela.

El pregón lo ofreció Santiago Soria
El pregón lo ofreció Santiago Soria

No seu discurso declarouse un «tremendo namorado de Triacastela» e explicou que a celebración de hoxe supón tres marabillas: ser unha festa «universal» que reúne a xente da vila e de zonas próximas e a peregrinos de todo o mundo, o traballo a man dos artesáns que ensinan ao mundo a cultura material e inmaterial da zona e, en terceiro lugar, «a maxia, beleza e historia» que supón a propia vila de Triacastela.

Ademais dos numerosos postos nos que mercar produtos da zona, o programa da Feira completouse cunha exposición na Fonte do Lunar do Museo escolar do patrimonio triacastelá, varios obradoiros de Artesanía de Galicia, música cun grupo de gaitas e poesía a cargo de Cantiagéverso e a actuación dun contamaxia a cargo da Furgoteca.