Capitalismo de amiguetes

Cartas al director
Cartas al director CARTAS AL DIRECTOR

OPINIÓN

Jose Velasco | EUROPAPRESS

19 abr 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

«''Pa'' la saca»

O 30 de marzo, o día que os comisionistas nobiliarios de Madrid cobraron «‘‘Pa’’ la saca» casi cinco millóns de euros pola venda de material sanitario defectuoso para o Concello de Madrid por un importe de 14 millons de euros, estabamos no confinamento máis duro en España, con máis de 7.300 falecidos e 46.000 hospitalizacións. Mentres uns arribistas sen experiencia neste negocio, pero con contactos políticos, se aproveitaban da desesperación e o caos, moitos profesionais esenciais dobraban turnos de traballo, improvisaban EPI e reutilizaban a mesma mascarilla durante días e días pola imposibilidade de conseguir material para protexerse. O oportunismo en pandemia tiña que ser un agravante: que non se esqueza e se castigue a todos os que practican este capitalismo «de amiguetes». Begoña Graña Suárez. A Coruña.

 As fabas de Lourenzá 

Alá pola terra de Lourenzá, onde as fabas teñen sona e merecido prestixio, un Xoves Santo foi imposible mercar a proba delas. Neste país, aos días festivos retíranselles algunhas virtudes que, no hipotético caso de conservalas, de ningún xeito lles restarían nin un chisco de santidade. Logo de facer a visita ao fermoso Mosteiro de San Salvador de Lourenzá, no que estaba exposta a mesa da derradeira cea do noso Señor, cos seus boliños de pan ao carón de cada plato, era preciso e case de necesidade mercar o produto que tanta sona lle da a esta terra. Na oficina de turismo atendeunos moi amablemente a persoa encargada de tal menester, dándonos a explicación pertinente que viña ao caso. Máis non foi posible mercar unhas fabiñas para traer a casa, que sería un saboroso souvenir daquela terra.

A propósito da santidade, hai non tantos anos que non se podía escoitar música. Só as saetas das procesións, na televisión, porque daquela só viaxaba quen podía permitirse ese gusto. Eran décadas doutros confinamentos. Hoxe en día, e despois de dous anos, cada quen vai tamén onde pode, que as máis das veces non é moi lonxe. Así que despois (e aínda) do confinamento e coa continuidade da máscara; despois do volcán, da Filomena, das choivas de barro, cos tambores de guerra cada vez menos lonxe, coa subida imparable da vida, con todo e máis que cada cal carga na súa mochila vital, logo de todo o anterior, sería de agradecer o poder comprar fabas en Lourenzá. A Semana Santa, segue sendo santa, con fabas ou sen elas. M. J. Vilasuso. As Pontes.

 Trato recibido no Chus 

 Hace tres semanas mi marido sufrió un infarto. Fuimos a nuestro hospital y de allí nos derivaron al Clínico de Santiago, donde estuvo cuatro días ingresado. Quiero dar las gracias a todo el personal que nos atendió. Ángeles sin alas, la mayoría muy jóvenes y haciendo turnos interminables. Gracias por todo, por salvarle la vida. Sois los mejores. Mercedes Martínez Carro. Bertamiráns.

 El «triángulo de las Bermudas»

Como el Ayuntamiento de A Coruña está tratando de mejorar la ciudad y la zona de Cuatro Caminos, me permito llamarle la atención sobre un problema ya comunicado pero no solucionado. Me refiero a ese auténtico «triángulo de las Bermudas» circunscrito por las avenidas de Oza y del Ejército, y las calles Ramón y Cajal y Río de Monelos. Son apenas tres calles que llevan nombres de ilustres ciudadanos, Novoa Santos, Pastor Díaz y Piñeiro Pose.

Es difícil encontrar en A Coruña una zona tan descuidada como esta en limpieza y comodidad peatonal, con las peores, sucias, estrechas e inclinadas aceras en las que raro es el día que algún peatón mayor, no tropiece o se caiga. Eso por no hablar del paso de peatones entre Pastor Díaz y plaza de Tabacos, un auténtico despropósito y peligro vial o el tercermundista túnel bajo la avenida de Oza en Rio de Monelos, que pocos se atreven a cruzar de noche o cuando llueve.

Necesitamos que desde el Ayuntamiento de la ciudad se arreglen los barrios en condiciones y se hagan más habitables. JosÉ Luis Pérez Requejo. A Coruña.