O timo das axudas ás renovables

Cartas al director
Cartas al director CARTAS AL DIRECTOR

OPINIÓN

CABILDO DE LA GOMERA | EUROPAPRESS

04 ene 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

¿E as axudas «pa cando»?

A case tódalas administracións énchenselle a boca anunciando axudas de todo tipo, tamén as asociadas á enerxía renovable. Outra realidade é cando se van solicitar, pois existen miles de complicacións, fundamentalmente mal asesoramento —a xente normal non toda é técnico especialista—, e cando se abonan. Dende que as conceden, transcorre unha eternidade. As trabas citadas fan que moita xente que ten dereito a elas non as solicite. Voume referir a un caso concreto: axudas para a colocación de placas fotovoltaicas para autoconsumo. A administración que as concede é o Inega, organismo dependente da Xunta. As bases saíron no DOGA. en outubro do 2021, e presentouse a solicitude con todos os documentos, o primeiro día que se abría o prazo, o 13 de decembro de 2021, e dende entón fixéronse as obras, liquidáronse —esta é outra traba importante, pois o ter que presentar o comprobante de pago antes de saber se se concede a subvención, pode dificultar a rendibilidade da obra, pois sen a axuda, a inversión non se sostén—, e transcorrido máis dun ano, segue sen saberse se conceden a axuda e cando a abonan. E fácil dicirlle á xente que é importante utilizar enerxías alternativas máis ecolóxicas e que se dan moitas axudas para ese fin, pero despois á hora da verdade, por culpa da propia Administración, conseguilas é moi difícil. Xosé-Bieito Coello Coello. As Pontes.

  El (mal) ejemplo de la nave de La Peza

Imaginemos que 20 amigos (componentes de un charanga), montan un equipo musical «no campo da festa» de cualquier parroquia el día 30 de diciembre, sin ningún tipo de permiso ni medida de seguridad. A las 21.00 del día 31 acuden los vecinos de la parroquia (supongamos 200) y están de fiesta hasta la hora del chocolate con churros de año nuevo. Con toda lógica y razón, además de por seguridad de los asistentes y el descanso de los vecinos, la Guardia Civil impediría la fiesta, sancionaría a los organizadores y todo habría quedado en anécdota. Sin embargo, si son mil personas —gran parte extranjeras— las que participan durante varios días en una fiesta sine die no serán disueltas. El motivo: son tantos los que participan en el evento que es mejor no hacer nada. Esto está ocurriendo en La Peza, cuyos vecinos sufren las consecuencias de este macrofestival. Sirva esta carta para solidarizarme con aquellos ciudadanos que están sufriendo la fiesta ilegal y pedir a las administraciones que hagan cumplir la ley tanto en La Peza, como en cualquier otro lugar. Ciñéndonos a las normas de convivencia que nos hemos dado será la única manera de hacer habitable nuestro país. Roberto García Fernández. Moeche.