Temos os vimbios para crear outra Facultade de Medicina?
OPINIÓN

Volve outra vez o debate de que na Universidade da Coruña, se deba crear outra Facultade de Medicina. Como teima importante, enfróntanse opinións a favor ou en contra. Os que defenden duplicar na mesma provincia outra facultade esgrimen a calidade profesional e científica do Chuac. Parece un argumento lóxico. Mais non se debe esquecer que rachar coa endogamia localista por médicos ben formados en hospitais de referencia, a maioría no sistema mir, foi importante factor para distanciarse doutros hospitais galegos. Constituíron un núcleo que impulsou en primeiro lugar una asistencia clínica de gran calidade, que permitiu unha docencia de xeracións de mir ano tras ano, e que sentou as bases de liñas de investigación. Desde un principio nin o hospital era universitario, nin os facultativos eran catedráticos.
Xa vai facer 20 anos onde escomenzou un debate de facer unha facultade dependendo da UDC. Como e normal en este sufrido país xorden «intereses creados» que empobrecen o debate.
A pregunta sería: foi importante para facer unha gran calidade de asistencia o estar tutelado o Chuac por una universidade? A reposta e contundente «non». A gran revolución que en este país se fixo foi a introdución do sistema americano e inglés de docencia e formación dos posgraduados. A docencia, moi a contra das universidades, deixou de ser vertical e de «lección maxistral» impartida polo catedrático, para ser horizontal. Todo o equipo ou servizo médico era una unidade docente volcado en resolver o problema a cabeceira do doente. Este debería ser o debate antes de duplicar escolas de medicina. Introducir grandes cambios na docencia do pregraduado. Os novos retos que demanda a medicina moderna non é tanto crear mais escolas como renovar metodoloxia pedagóxica no ensino da mediciña no pregrado.
O que exista una demanda para estudar mediciña non é motivo para duplicar facultades. Haberá que aproveitar todos os recursos docentes pero antes tendrase en conta non perder calidade, ou crear conflitos entre persoal de diferentes categorías académicas dentro dos mesmos servizos.
En este debate tamén e importante considerar: Cantos novos médicos necesita Galiza? En resposta hai que dicir que España é un dos países con una tasa de médicos por habitante máis alta de Europa, que supera a países do entorno como Francia ou Inglaterra. É verdade que habería que axustar esta tasa en nosa comunidade, onde hai incremento de poboación senil, pero en qué especialidades somos deficitarios? España é un dos países do entorno con máis especialistas médicos. Está claro que son necesarios médicos de familia, pero tamén sabemos que é unha especialidade devaluada que non ten moitos seguidores. Por que? Esta é outra cuestión. Non podemos caer na simpleza de que como os estudos de medicina son dos mais demandados, hai que aumentar as facultades, sen antes regular a cantos se poden formar e qué especialidades. Para reclamar outra facultade con a mesma forza hai que defender a exclusividade e a dedicación plena, imprescindible para un hospital que se chama universitario, que ten que impartir asistencia, docencia e investigación, tarefa imposible en xornada de oito a tres da tarde.
A traxectoria curricular é medible en universidades que saiban evaluarse. Mais evalúase con metodoloxia obxectiva nas nosas universidades? Deberíamos comenzar o debate preguntándonos por que as nosas universidades ocupan derradeiros postos na escala mundial antes de crear novas escolas, e máximo tratándose da medicina onde a esixencia debería ser máxima.