Dentro das ponencias desenvolvidas onte no curso Galicia, vista polo Dereito , destacou na mañá a do catedrático Ramón Villares Paz, presidente do Consello da Cultura Galega quen dun xeito brilante falou dos proxectos estatutarios de Galicia no 1931 e no 1981. Se ben o Estatuto de Autonomía de Galicia do 1931, aprobado no 1936, non se pudo levar á práctica, o de 1981 aprobouse e púdose desenvolver a pesares de ser, segundo Villares, «unha chapuza creativa» porque foi modificado».
Dixo que o proceso estatutario galego foi distinto ós de Cataluña e País Vasco porque nestas últimas áreas xeográficas «foi lexitimado sigularmente desde o exterior e porque hai partidos nacionalistas que entraron nas tarefas de goberno. En Galicia non sucedeu esto porque non houbo continuidade co exilio nen incorporación ás tarefas de goberno de partidos nacionalistas».
Non houbo continuidade co exilio ó que se engade a ausenza de experiencias de goberno que non puderon ser co estatuto do 36 e os dirixentes do exilio e do interior non se entenderon. Esto amosa, dixo Villares, «un déficit de lexitimidade». En Galicia, advertiu o ilustre profesor, a autonomía foi gobernada ata o 2005 por forzas que non rompen co pasado», referíndose á dereita, a diferencia de Cataluña e do País Vasco.
O Estatuto de 1936 aprobouse «porque gañou o Frente Popular», houbo unha alianza do republicanismo co galeguismo, a dereita galega non participou no debate. O proceso desde 1931 comezou, dixo, co Partido Republicano Galego, que tivo importancia na elaboración daquel estatuto na fase inicial; no 1932 quedou parado sen ser sometido a plebiscito. Castelao culpaba desto ó ministro da Gobernación, Casares Quiroga pero, di Villares Paz, é que no 1933 a metade de España era da CEDA. A dereita tiña o primeiro partido do Estado, cun millón de militantes. E houbo que esperar a xullo de 1936.
Tamén onte disertou o catedrático Jesus de Juana, para amosar as ideas fundamentais de Vicente Risco en relación coa relidade galega rematando a primeira xornada o xefe superior de Policía de Galicia, Luis García Mañá, moderando unha mesa con diputados do BNG, do PP e do PSOE para falar do proxecto de Estatuto para Galicia.