Maratón de bo cine

Miguel Anxo Fernández

OURENSE

04 ago 2010 . Actualizado a las 02:00 h.

A xornada de hoxe na Xociviga é das que quitan o hipo? Hai filmes a esgalla cun nivel medio-alto que obrigarán a repetir as carreiras das primeiras edicións, cando había que facer filigranas para chegar a tódolos pases. Algún a estrear en Ourense para animar ós cinéfilos da capital a poñerse na vila en quince minutos, tomar unhas tapas e mirar unha boa película das moitas que se oferan na carteleira.

Proxéctase Vincere , na que o veterano autor italiano Marco Bellocchio recrea os primeiros anos do atormentado Benito Mussolini como home atormentado que abandona á muller da súa vida para ditar proclamas fascistas. Honeymoons , Espiga de Ouro en Valladolid, coa que Goran Paskaljevic reflexiona sobre unha Serbia traumatizada despois da guerra dos Balcanes. O documental francés Océanos , de imaxes sorprendentes e marabillosas que vai na procura de espertar sensibilidades a prol da conservación do planeta. El pequeño Nicolás é unha pequena xoia do cine francés (para nenos e para tódolos públicos), baseada no famoso personaxe creado por Goscigny.

Para non perderse é, La cinta blanca , unha impresionante película coa que Michael Haneke levou tódolos premios agás o Oscar. E naturalmente, Un cuento para Olivia , de Manane Rodríguez, a homenaxeada de onte. Non hai escusa para citarse hoxe co bo cine no Carballiño.