«A política ten que ir aos problemas reais dos cidadáns»

xosé manoel rodríguez OURENSE / LA VOZ

OURENSE

Xabier Oviedo.
Xabier Oviedo. miguel villar< / span>

29 jun 2012 . Actualizado a las 06:00 h.

O alcalde de Maceda e o seu grupo anunciaron publicamente onte a súa integración en Compromiso por Galicia.

-Vostede salientou a figura de Pérez Bouza en varias ocasións ¿iso xustifica o paso dado?

-Nós valoramos de maneira especial o traballo de Pérez Bouza e entramos neste proxecto porque compartimos esa forma de facer política, indo aos problemas reais dos cidadáns.

-¿Cre que a súa decisión motivará outras incorporacións?

-Penso que si, mais non porque nós deramos este paso senón porque hai moita xente que estaba a demandar un espazo novo e agora haino.

-¿Por que Compromiso e non Novo Proxecto Común?

-Por sentirnos máis identificados con este proxecto.

-¿Non se sentía identificado co proxecto do BNG?

-Xa dixen hai meses, cando abandonei o BNG, que nunca falaría mal da que foi a miña casa durante anos mais creo que hai un alonxamento da problemática real do país.

-¿En que sentido?

-A UPG, como forza maioritaría, incide máis na carga ideolóxica. Esta ben pero iso non soluciona os problemas do país.