Regístrate gratis y recibe en tu correo las principales noticias del día

Os centros educativos de Bande propoñen a candidatura de Manuel Rivas para o Nobel

La Voz OURENSE / LA VOZ

OURENSE

Encontro de Manuel Rivas cos estudantes de Bande no ÍES Aquis Querquernis
0 seconds of 1 minute, 17 secondsVolume 90%
Press shift question mark to access a list of keyboard shortcuts
00:00
01:17
01:17
 
Santi M. Amil

Mantiveron un encontro co escritor dentro dunha semana dedicada á cultura popular

16 feb 2019 . Actualizado a las 11:03 h.

Os escolares dos centros educativos de Bande, IES Aquis Querquernis e CEIP Xoaquín Lourenzo «Xocas», celebraron onte unha xeira co escritor galego Manuel Rivas. O autor pechou o primeiro encontro de cultura popular que tivo lugar durante esta semana en ámbolos dous centros.

Rivas participou nun encontro co alumnado do colexio e do instituto, e os estudantes agasallárono con adaptacións dos seus textos, ofreceron un espectáculo poético musical e amosaron un traballo audiovisual sobre o escritor. Para rematar, unha das alumnas leu un manifesto que a partires da próxima semana se vai enviar desde o IES banduense a todos os centros galegos. Nel demándase da comunidade escolar galega a adhesión a proposta de candidatura de Manuel Rivas para o premio Nobel de Literatura, segundo explicou o profesor Xoán Carlos Domínguez Alberte. No instituto fixeron un logotipo para esta campaña na que pretenden conseguir apoios para a proposta.