A historia da emigración galega na illa de Cuba

La Voz

OURENSE

FUNDACIÓN CURROS ENRÍQUEZ

05 dic 2020 . Actualizado a las 21:40 h.

A exposición itinerante «O soño cubano da emigración galega», que se poderá ver na Casa dos Poetas de Celanova ata o 24 de xaneiro, aspira a amosar e recrear as etapas e as principais facetas da epopea migratoria galega á illa caribeña. A mostra recolle o papel da muller emigrante, das asociacións galegas, as publicacións e proxectos políticos, con ideas de renovación para Galicia, e a pegada que os galegos deixaron en Cuba. A Casa dos Poetas de Celanova, ubicada na casa familiar de Curros Enríquez, poeta local que tivo un grande vínculo coa illa, onde viviu e morreu. Antes da I Guerra Mundial, A Habana era a cidade que máis galegos acollía despois de Bos Aires. A emigración galega foi medrando desde 1830 ata 1920.

Ata o 24 de xaneiro • De martes a sábado • De 10.00 a 14.00 y de 16.00 a 18.00 horas • de balde •