«Faíscas», do grupo ourensá Guezos, lévase o premio ao Mellor Videoclip no Festival de Cans

María Doallo Freire
María Doallo OURENSE

OURENSE

<span lang= gl >Parte do grupo Guezos nunha fotografía sacada en Ourense</span>
Parte do grupo Guezos nunha fotografía sacada en Ourense Santi M. Amil

A banda, que naceu nos noventa, aposta pola música tradicional e por facer versións galeguizadas dos grandes temas da historia

18 may 2023 . Actualizado a las 11:55 h.

O grupo Guezos vén de gañar o premio ao Mellor Videoclip nesta edición do Festival de Cans, que se celebra ata o sábado na parroquia co mesmo nome do municipio pontevedrés de O Porriño. Os ourensáns conseguiron o recoñecemento coa peza audiovisual que fixeron para o seu tema Faíscas, que publicaron en xuño, e que dirixiu o tamén ourensán Aitor V. Tal e como explicaban a La Voz cando lanzaron o vídeo, a canción fala do efímero e do paso da vida. «E logo unha faísca pode prender a outra e xuntas facer un todo», explica Modesto Cid, un dos membros da banda.

O video rodouse na Edreira, no corazón do Macizo Central, rodeado de natureza e está protagonizado polos actores Sergio González, Alberto Medeiros e Emilio Domínguez. A canción da nome tamén ao seu último disco.

Guezos é unha banda de Ourense composta por seis artistas, Modesto Cid, Xabier Domínguez, Anxo Fernández, Fran Díaz, Roberto Reboiro e Adrián Beiroa que fan música tradicional e versións galeguizadas de temas como Pink Floyd.