Unha pulga ourensá para o premio Martín Sarmiento

La Voz

OURENSE

Domínguez e De Evan co seu premio
Domínguez e De Evan co seu premio Cedida

Xabier Domínguez e Alba de Evan foron galardonados pola súa obra «A pulga espacial»

08 may 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

O Museo Pedagóxico de Galicia (Mupega) de Compostela acolleu a entrega dos premios literarios Frei Martín Sarmiento. Unha convocatoria, a deste ano, que contou con varios protagonistas ourensáns. O galardón que leva o nome do ilustre pedagogo otórgase en base á elección dos centros escolares de Galicia, que co seu voto deciden a quen se lle dá o premio en cada un dos apartados. O obxectivo pasa por recoñecer obras que non só entreteñen senón que, a maiores, promoven valores educativos e culturais.

Na categoría referida ao alumnado de 3º e 4º de Primaria os votos dos escolares acordaron conceder o premio á obra «A pulga espacial», dos ourensáns Xabier Domínguez e Alba de Evan. O libro foi publicado por Edicións do Cumio. Na categoría de 5º e 6º de Primaria escolleuse a obra «Sálice e Sándalo», da editorial ourensá Antela. Nos premios Frei Martín participaron tres mil alumnos e na entrega dos galardóns estivo o secretario xeral de Lingua da Xunta, Valentín García. O departamento colabora na convocatoria. Entre as obras premiadas figuraba «Caderno de cores e cancións», do ourensán Magín Blanco e Sonia García.