A Coral de Ruada canta os Reis

La Voz

OURENSE

Actuación da Coral de Ruada na misa de Reis da catedral de Ourense
Actuación da Coral de Ruada na misa de Reis da catedral de Ourense Santi M. Amil

A formación musical actuou na celebración relixiosa da catedral de Ourense

06 ene 2025 . Actualizado a las 18:45 h.

A Coral de Ruada pechou o programa de actuacións de Nadal coa súa participación na tradicional misa de Reis da catedral de Ourense, o mesmo escenario onde a finais do pasado ano ofreceron o seu Concerto de Nadal. Citas como as da igrexa das Caldas, onte cantaron os Reis, ou a do Principal completaron o ciclo da coral ourensá. 

A formación ourensá comezou a súa actividade das festas do Nadal co actuación que ofreceu o día 20 de decembro en Aixiña e tamén fixo un Concerto de Nadal en Cartelle, ao día seguinte.