
A Fundación Curros Enríquez concédelle o galardón, na súa 41ª edición, «polo compromiso permanente demostrado coa veracidade, a honestidade e a autenticidade»
09 mar 2025 . Actualizado a las 05:00 h.A compañía Sarabela Teatro vén de acadar o Premio Celanova, Casa dos Poetas, na súa 41ª edición. O xurado da Fundación Curros Enríquez, que concede este galardón, reuniuse onte en Celanova acordou, por unanimidade, concederlle o galardón á compañía de teatro ourensá «pola súa longa traxectoria no ámbito sensorial da representación escénica, así como polo compromiso permanente demostrado coa veracidade, a honestidade e a autenticidade da que teñen feito gala».
Sarabela Teatro naceu en 1980 na Universidad Laboral de Ourense e constituiuse como compañía profesional en 1990. O elenco de Sarabela leva «45 anos mantendo un compromiso irrenunciable e tenaz cos principais autores do teatro e da literatura galega». A Fundación Curros Enríquez valora que teñen acadado todo elo, ao tempo que desenvolvían carreiras individuais «sen teren renunciado ás súas orixes ourensás».