O conselleiro de Cultura explora vías de colaboración con Leiro e Amoeiro

LA VOZ OURENSE

OURENSE

ANA VARELA

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, reuniuse cos alcaldes de ambos concellos ourensáns

04 jun 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, continúa coa súa rolda de encontros cos responsables municipais galegos para reforzar a cooperación entre a Xunta e os concellos nas áreas da súa competencia. Nesta ocasión, mantivo sendas reunións cos alcaldes de Leiro, Francisco José Fernández, e de Amoeiro, José Luis González.

O conselleiro interesouse polos proxectos vinculados á posta en valor do patrimonio, a dinamización cultural e o impulso da lingua galega. López Campos destacou que estas reunións permiten escoitar aos alcaldes e alcaldesas, coñecer o traballo que xa están a facer e estudar fórmulas para sumar esforzos e dar resposta coas políticas públicas ás súas necesidades reais.