A Festa da Palabra homenaxea a Castelao

La Voz

OURENSE

Presentación de la Festa da Palabra
Presentación de la Festa da Palabra Cedida

A Fundación Insua dos Poetas celebera a súa cita este sábado

18 jul 2025 . Actualizado a las 20:13 h.

Sábado • A partir das 11.30 horas • Madarnás (O Carballiño) • A Fundación Insua dos Poetas celebra mañá a edición número dezasete da Festa da Palabra, que homenaxea este ano a Castelao, no 75 aniversario da súa morte. O evento celebrarase en A Esgueva (Madarnás, O Carballiño) e haberá actuacións musicais, entrega de premios e un almorzo popular. Durante a xornada descubrirase unha nova escultura do artista Antón Pulido dedicada a Castelao. Sete personalidades e entidades recibirán galardóns honoríficos, entre elas César Lorenzo, María Xosé Porteiro, Editorial Galaxia e o Cineclube Padre Feijóo. Ademais, presentarase o libro titulado «Castelao escritor», con textos de Eduardo Blanco Amor editado por González Tosar e Alexandre G. Corbillón.