A Veiga acolle unha xuntanza de fulións

La Voz

A VEIGA

Desfile en A Veiga
Desfile en A Veiga LOLITA VÁZQUEZ

Preto de mil persoas participarán na cita coa que o concello pecha o entroido

08 mar 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Sábado • A partir das 16.00 horas • Pola rúa principal ata a praza do Toural • A Veiga pecha o entroido cunha multitudinaria xuntanza de fulións. Organizada pola Asociación Cultural O Son de Trevinca, contará con preto de mil participantes. Desfilarán 17 fulións: Cabo da Vila, Piñeiro, Petín, Fradelo, Buxán, Vilariño de Conso, Mormentelos, As Maceiras, Bembibre, Carracedo da Serra, Tameirón, Penouta, Os Labregos, Chandrexa de Queixa, Petín Os Arrieiros, As Tablillas Valdín-Porto e o Fulión da Veiga. Acompañaranos os danzantes e vellos de Vilarmeao, os follateiros de Lobios, os cabreiros de Muíños, o oso de Salcedo, os vellarróns de Riós, os peteirans de Castrelo, os chocalleiros de Vilardevós, ademais dos charrelos e o boi, figuras típicas de A Veiga. Pola noite haberá festa no pabellón, coa actuación da charanga El Tattoo e DJ Josete.