
O Festival Internacional de Poesía foi presentado onte na vila
11 oct 2018 . Actualizado a las 05:00 h.Días 12, 13 e 14 • Diferentes espazos da vila • De balde (agás o Xantar do Poemagosto e o concerto de Tanxedoras) • O Poemagosto 2018 abre mañá as súas actividades e faino ofrecendo unha edición, a quinta, coa maior variedade de propostas, participación e actividades que se leva celebrado ata o de agora. O Festival Internacional de Poesía de Allariz foi presentado onte pola alcaldesa, Cristina Cid, o organizador do certame, Carlos da Aira, Margarita Fernández (Aira das Letras), Carmen Blanco (fotógrafa do festival) e César Lorenzo (BenComún Espazo). A poesía en diferentes linguas, a música galega, a arte, o cinema e o teatro protagonizarán o programa. A presentación da triloxía «Valente vital» e o recital de Claudio Rodríguez Fer, Carmen Blanco e Olga Novo abrirán o festival.