
O Festival de Xardíns de Allariz alberga o luns actividades organizadas pola Escola Galega de Apicultura
17 may 2019 . Actualizado a las 19:41 h.Luns 20 de maio • Festival Internacional de Xardíns de Allariz • A Escola Galega de Apicultura celebra o día da abella no festival de xardíns de Allariz. A actividade terá lugar na casa dos polinizadores, un «hotel» para insectos situado nos xardíns para ofrecer aloxamento a abellas e outros polinizadores. Alí haberá obradoiros para o público infantil coa finalidade de que aprendan a importancia das abellas para o medio ambiente. A actividade ábrese aos visitantes do festival.