O Festival Literario de Allariz suma unha Feira de Editoras

LA VOZ OURENSE

ALLARIZ

Presentación do festival
Presentación do festival Cedida

Varias editoriais estarán no Paseo da Alameda o sábado 6 de xullo

30 jun 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

O Festival Literario de Allariz amplía a súa oferta coa Feira da Editoras Galegas o sábado 6 de xullo. No Paseo da Alameda, á beira do Arnoia, as persoas asistentes ao festival poderán coñecer o traballo de diversas editoriais a través dunha feira aberta durante toda a xornada.

Presentación do festival
Presentación do festival

Editoriais como Antela, Cuarto de Inverno, Patasdepeixe, Boadicea, Los Libros del Salvaje, Rinoceronte, Rodolfo e Priscila e Aira Editorial, estarán presentes no Paseo da Alameda desde as 11.00 ata as 21.00 horas. Un dos obxectivos do FLAZ é crear un espazo de encontro directo entre todos os campos vinculados ao libro e á lectura e a comunidade lectora. A Feira estará situada a carón da Sala de Exposicións A Fábrica, onde se desenvolven os diálogos e mesas redondas.