Allariz revive a súa devoción polo san Bieito

La Voz

ALLARIZ

A vila celebra as festas na honra do seu patrono

14 jul 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

Na vila de Allariz están vivindo as xornadas festivas dunha das festas que marca o ciclo lúdico anual. A programación de actividades do san Bieito, patrono do pobo, comezaron o xoves e na fin de semana céntranse as citas máis destacadas. Este domingo será o día grande, coa procesión do santo a partir das once da mañá.