Bernardo Varela, concelleiro do BNG en Allariz: «Somos moi malos impoñendo o galego porque os meus fillos falan castelán»

La Voz OURENSE

ALLARIZ

Xosé Manuel Puga, Bernardo Varela e María Mangana, na roda de prensa do BNG este lunes.
Xosé Manuel Puga, Bernardo Varela e María Mangana, na roda de prensa do BNG este lunes. CEDIDA

O Bloque defenderá unha moción na Deputación para «prestixiar» o uso do galego

24 feb 2025 . Actualizado a las 18:24 h.

«Somos moi malos impoñendo o galego porque os meus fillos falan castelán». Con esta frase terminou este luns Bernardo Varela, concelleiro en Allariz e voceiro do BNG na Deputación de Ourense, a roda de prensa que ofreceu para presentar a moción que defenderá no próximo pleno provincial. Coa súa iniciativa, o Bloque reclama medidas para «prestixiar» o uso do galego. No colexio de Allariz, subliñou Varela, a inmensa maioría dos rapaces falan en castelán. «Esa é a realidade do bilingüismo harmónico», ironizou.

E, para combatela, os nacionalistas piden poñer en marcha un plan de cooperación cos concellos para implantar servizos de normalización lingüísitica en solitario ou de forma conxunta entre varios deles. Propoñen destinar medio millón de euros para financiar esa aposta e unha coordinación deses servicios a nivel provincial, todo na busca de evitar a constante perda de falantes de galego.