Allariz dedica tres xornadas ao coiro vinculando o seu pasado e presente

M. Rodríguez OURENSE / LA VOZ

ALLARIZ

Presentación de las Xornadas de Coiro de Allariz.
Presentación de las Xornadas de Coiro de Allariz. concello

A vila celebra as decimosegundas Xornadas do Coiro, con obradoiros, charlas, demostracións e mercado

23 sep 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Do 26 ao 28 de setembro?•?distintos horarios•? Allariz convértese esta fin de semana no punto de encontro para os artesáns, profesionais, investigadores vinculados ao mundo do coiro e o público en xeral. A vila alberga unha nova edición das Xornadas de Oficios do Coiro 2025, que serven para recuperar a tradición e o legado de coñecementos ligados á curtición, actividade que caracterizou a Allariz ata mediados do século XX. O Concello de Allariz puxo en marcha estas xornadas no seu día —esta é a decimosegunda edición— para transmitir a memoria dun traballo que forma parte da historia local.

Os espazos nos que se desenvolverán as xornadas serán A Fábrica, A Paneira e o Museo do Coiro. Neles haberá obradoiros de coiroflexia, zocos artesanais, soguería ou creación artística con pó de coiro. Narciso Galán será quen imparta o obradoiro de coiroflexia, o venres pola mañá. É preciso inscribirse previamente para participar. Pola tarde, será a formación sobre zocos, con Eva Costas como monitora. Este curso continuará o sábado pola mañá en A Fábrica.

Outra parte das xornadas serán as conferencias ou faladoiros con expertos. Está prevista a presenza de profesionais de Guimarães. Elisabete Pinto presentará o venres, ás 20.30 horas en A Paneira,o libro «Curtidores e serradores en Guimarães». O sábado, ás 12.30 horas no mesmo espazo, Gabriel de Oliveira, falará de como se xestou e se chegou a concretar o Museu Municipal de Alcanena. No sábado tamén haberá talleres demostrativos de creación artística en pó de coiro e de técnicas para preparar tiras con este material.

Durante as xornadas haberá exposicións artísticas, roteiros pola memoria dos cortidores de Allariz e un mercado de ferramentas e produtos para esta actividade, que se exporán e venderán en A Fábrica.