![](https://img.lavdg.com/sc/fKvs89x7xe5Q6a1nV80Q6-fSaDQ=/480x/2018/07/16/00121531766341569730945/Foto/OL17C7F3_1.jpg)
Este acontecemento coincide coa celebración do campionato europeo de parapente
17 jul 2018 . Actualizado a las 12:12 h.A cuarta edición do Laroucofest presentouse onte na Diputación de Ourense, un festival gratuito que terá lugar o 27 e 28 de xullo.
O programa conta cunha gran variedade de actividades: dende a xa tradicional mesa redonda onde se tratarán temas de sensibilización e respeto co medioambiente ata a organización dunhas andainas o longo da Serra do Larouco. A realización de xogos tradicionais, unha cea de confraternización e por suposto, moito baile e música tamén formarán parte destas xornadas.
Pero sen dúbida o prato forte chega o sábado pola noite. De Pé Feito, as Tanxugueiras e Brincadelia Troupe son os tres grupos elexidos para pechar por todo o alto este festival no que a natureza, a música tradicional e o baile se mesturan en favor da cultura e o entretemento.
«Para facer que a xente acuda dende a cidade ó rural precísase dun gran elemento de atracción», afirmaba Daniel Ferreiro, un dos organizadores do evento, falando dos concertos que ofrecerán estas agrupacións.
O obxetivo deste proxecto é levar a cabo un movemento asociativo no que a xuventude participe na dinamización do rural, referíndose neste caso, as aldeas que se sitúan en torno a Serra do Larouco.
Na cita estivo presente o alcalde do municipio de Baltar, José Antonio Feijóo, que agradeceu a colaboración do concello ourensán e a iniciativa, o traballo e a implicación da xuventude por organizar este tipo de actividades. «Cando a xente nova se une para poñer en marcha un proxecto, as dificultades acaban convertíndose en potencialidades», afirmaba durante o peche da súa intervención o concelleiro de cultura, Manuel Doval.