Antela Costa expón «Txarka» unha nova ollada da muller, no claustro de San Rosendo en Celanova
CELANOVA
A artista macedá quere mostrarlle ó público a sua vision da muller, baixo a trama de catro historias entrelazadas
09 mar 2024 . Actualizado a las 15:18 h.Durante este mes de marzo no claustro do monasterio de Celanova, co gallo dos actos que o centro sociocomunitaro quere realizar para conmemorar o Dia da Muller, Antela Costa da a súa visión das etapas da muller, nunha exposicion baseada en viñetas de cómic. Ó longo desta mostra vanse relatando catro historias nas que a muller é a protagonista. En cada unha destas historias o visitante verase inmerso na realidade que viven as mulleres ó longo dos anos. Podemos encontrar a historia dunha porca brava que é defensora do medioambiente e co seu bo facer evita que os crimes á natureza saian impunes. Ou a dunha bruxa de Ortigueira que cos seus feitizos castiga ós homes malos que mallan nas mulleres. «Trátase dunha vision particular da mítica Pepa A loba, abandeirada do movemento feminista», comenta a autora. Tamén está a carreira a contracorrente dun salmón que loita por desovar e perpetuar a súa especie, unha homenaxe particular que a artista lle fai a súa nai.
Antela busca inspiración na cotidianidade do seu día a día e nas fondas pegadas que as súas raices familiares lle evocan. «Son filla de artistas, miña nai é dramaturga e meu pai escultor, dende moi nena intereseime pola pintura e o cómic», di Antela con orgullo.
Os seus primerios recordos son cun lápiz na man creando trazos e debuxos que daban corpo as súas fantasias. Heroínas que loitaban contra todo tipo de males e inxustizas. Algúns deses traballos aínda os conserva con agarimo.
Grazas a esta afección tan temperá, tras o bacharelato decidiuse a facer Belas Artes e ao rematar especializouse en debuxo de cómic. «Para min debuxar é darlle saída ós meus sentimentos máis persoais e mostrar aos demais a miña visión sobre o que me rodea», comenta a artista con ton emocionado.
Esta exposición completa os actos que o centro sociocomunitario de Celanova ten organizados para este mes de marzo. Vai desenvolver o día 12, un obradoiro baixo o título «Muller e saúde». Quérese animar á cidadanía feminina da vila de San Rosendo a achegarse e aprender sobre os cambios evolutivos, que se producen e prever enfermidades.