Celanova ofrece oportunidades, gastronomía e xuntanza de clásicos

La Voz

CELANOVA

Mercado no claustro do mosteiro de Celanova
Mercado no claustro do mosteiro de Celanova Alejandro Camba

A Festa da Faba celebrarase durante a fin de semana no claustro barroco do mosteiro da vila

17 abr 2025 . Actualizado a las 11:19 h.

Do 17 ao 20 • Celanova • Como acontece dende hai uns anos a Semana Santa chega cun intenso programa de actividades na vila de Celanova. Unhas xornadas nas que se desenvolven citas comerciais, gastronómicas e de concentracións de vehículos clásicos —tanto motos como coches—. As citas desenvolveranse entre os días 17 e 20, dende hoxe ata ao domingo.

A Feira da Oportunidade é xa unha tradición na vila. Celébrase este xoves na rúa Celso Emilio Ferreiro. Está aberta ao público entre as 11.00 e as 21.00 horas. Son xa dezasete os anos que o mercado de Celanova chega puntual á cita cos cidadáns.

Durante a fin de semana, sábado e domingo, desenvolveranse a cita gastronómica e os encontros de clásicos. A novena Festa da faba. A das sete semanas (que é típica de Celanova) será no claustro barroco os días 19 e 20, entre as 11.00 e as 20.00 horas. Tamén nesas datas a vila acolle a Feira internacional de artesanía e antigüidades e Mercado de 2ª man.

A segunda edición da Xuntanza moteira será o día 19, sábado, e contará cun amplo programa de actividades. dende as 11.00 ás 12.30 horas haberá concentración dos participantes na praza Maior de Celanova. Ás 12.30 horas será a visita guiada pola igrexa de San Rosendo, claustro, capela de San Miguel, sancristía e órgano barroco —rematará o percorrido cun concerto—. Para as 14.30 horas está fixado o xantar na Festa da faba. Logo de visitar o mercado de artesanía haberá unha ruta ata Bande —17.00 horas—. Entre outras actividades inclúe a visita ao Centro de Interpretación Aquis Querquennis e o campamento romano.

Para o domingo está prevista a segunda concentración de coches clásicos. Deberán contar co máis de trinta anos de historia.