
No pobo de Cartelle crean unha entidade para conservar e promocionar o entroido
18 feb 2020 . Actualizado a las 05:00 h.Días 22, 23 e 25 • Diferentes horarios e localizacións • Cartelle • Cando o entroido está a piques de chegar en Sande (Cartelle) xa deron un novo paso para manter a súa tradición coa creación da Asociación Socio Cultural Entroido As Bonitas de Sande. A entidade terá como obxectivos, entre outros, promover a cultura local en todas as súas manifestacións e potenciar o entroido senlleiro de Cartelle. Aínda que nunca desapareceron, non foi ata o ano 1984 cando foron recuperadas As Bonitas por dous mozos do pobo. A partires do 2002 intensificouse o traballo e na actualidade saen ao redor de medio cento.
Día 24 • 17.00 horas • Maside • Prazo inscrición: 21 febreiro • Maside celebrará a xornada central do seu entroido o luns e as comparsas e grupos que queiran optar aos premios deben formalizar a inscrición. Haberá premios a maiores para os felos.