A andaina Camiño de Nós unirá O Carballiño e O Irixo

La Voz

O CARBALLIÑO

Imagen de una edición anterior de la andaina  Camiño de Nós
Imagen de una edición anterior de la andaina Camiño de Nós Cedida

O roteiro que lembra o percorrido realizado polos membros da xeración celebra a cuarta edición

13 oct 2023 . Actualizado a las 14:45 h.

Día 21 • 10.00 horas (saída) • O Carballiño • O vindeiro sábado celebrarase a cuarta andaina cultural Camiño de Nós, un roteiro que percorre parte do realizado hai décadas por varios dos membros da Xeración Nós entre Ourense e Compostela. A saída será dende o cruce da estrada de Ribadavia —xunto a actual Cafería Capri do Carballiño— e a andaina percorrerá logo a rúa Rosalía de Castro para seguir por Curros Enríquez, Catro Camiños, Ponte Veiga, A Costiña, Barro, Pazo e Madarnás, onde está a Insua dos Poetas. Seguirá logo pola ponte do Eixán, A Pedriña, O Concieiro, A Bugalleira, A Ponte e chegará á Casa do Zapateiro, onde se fará a descuberta dunha placa de homenaxe. Dende este lugar do Irixo partirá un bus para regresar ao punto de saída ao rematar a andaina.