![Anxo Angueira, en una imagen de archivo](https://img.lavdg.com/sc/X2_EJS4XIIAgdBt8GzqjmVhgFb4=/480x/2021/01/13/00121610551561046138480/Foto/j27d0045.jpg)
O poeta presenta unha redición do seu primeiro poemario esta tarde
14 may 2021 . Actualizado a las 05:00 h.Hoxe • 19.00 horas • Centro Sociocultural do Picouto • «Val de Ramirás» foi o primeiro poemario de Anxo Angueira (Manselle, 1961), autor que logo tería una longa carreira na poesía, narrativa e no ensaio. Editouse no ano 1989 e atopábase esgotado. Por iso, Xoán Carlos Domínguez Alberte, escritor vinculado á Terra de Celanova decidiu editalo de novo, incluíndo un limiar do editor. A maiores, esta nova edición engade tres poemas máis de Angueira. O poemario vai ilustrado con fotografías de Baldo Ramos. Esta nova edición preséntase hoxe no Centro Sociocultural do Picouto, no concello de Ramirás. Na presentación estarán presente o autor, o editor. A agrupación Rebulir porá o acompañamento musical. Haberá exemplares da obra á venda.