O Festival Rebulir abre o prazo para propoñer candidaturas ós Premios da Cultura Galega 2025

La Voz

RAMIRÁS

Festival Internacional Rebulir del 2024
Festival Internacional Rebulir del 2024 cedida

Creáse unha categoría para distinguir o labor de colectivos que traballan pola preservación, posta en valor e difusión da cultura galega fóra de Galicia

25 jun 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Abriuse o prazo de presentación de candidaturas populares para a edición número catorce dos Premios Rebulir da Cultura Galega (PRCG). Estes galardóns recoñecen anualmente a traxectoria e contribución de persoas e entidades destacadas na súa promoción, defensa e difusión.

A convocatoria está aberta a toda a cidadanía, así como a colectivos e institucións que desexen presentar propostas nas distintas categorías habituais dos premios: música galega, artes escénicas, comunicación, eido asociativo, literatura, entre outras. O prazo para enviar as candidaturas remata o xoves 3 de xullo. Pódense presentar nun formulario dispoñible na web oficial do Festival: www.festivalrebulir.info.

A edición 2025 incorpora dúas novidades que avanzan cara a unha maior participación cidadá e recoñecemento da diáspora galega. Crease una nova categoría, Mención Especial Rogelio García Yáñez, para distinguir o labor de colectivos que traballan pola preservación, posta en valor e difusión fóra de Galicia. Esta nova distinción leva o nome de Rogelio García Yáñez, en homenaxe a unha figura emblemática da emigración galega e do activismo cultural no exterior.

Outra das innovacións é que a candidatura máis votada polo público en xeral en cada categoría contará cun voto directo, funcionando como un membro máis da comisión avaliadora. Deste xeito, introdúcese un mecanismo de participación real e transparente que reforza o espírito democrático e inclusivo dos premios.

No 2024 foron distinguidos o grupo Treixadura, a actriz Isabel Risco e a Asociación de Gaiteiros Galegos. En edicións anteriores foron galardoados Xurxo Fernandes, Luis Zahera, Fuxan os Ventos, Celso Fernández Sanmartín, Mercedes Peón, Xabier Díaz, Guadi Galego, Carlos Blanco, Uxía Senlle ou o Xabarín Club.

A entrega oficial dos galardóns terá lugar no mes de decembro, durante a celebración do Festival Internacional Rebulir, no concello de Ramirás